DJ. ALBERTO LEIVAS

A súa toma de contacto cos platos e a música electrónica prodúcese no ano 1999, á idade dos ¡ 12 anos ! Desde entón vai progresivamente mellorando a súa técnica como dj, pinchando en parties e festas de amigos, nas festas patronais das San Luchas (Mondoñedo-Lugo) e facendo sesións en pubs e locais de copas de Mondoñedo como A Sala ou Tacuba.

A primeira gran oportunidade como dj prodúcese en Hipnose no ano 2002 cando paricipa como dj no cartel xunto a Chris Liberator (Reino Unido). No ano 2003 incorpórase ó colectivo hipnótico, e actualmente é residente na sala Hipnose.

A falta de definir un estilo persoal, o dinamismo, a capacidade de improvisación, a frescura e o feeling son as súas principias bazas.