DJ. CHEMEL RUIZ


Traxectoria
:
             
          A aportación a música electrónica luguesa de Chemel Ruiz iniciase como residente desde o ano 1995 en A Zentral (Burela), primeiro local en ofertar unha selección musical exclusivamente centrada no techno e as súas variantes. Aquí fórmase técnicamente como dj, mais o seu bagaxe cultural permitelle dominar desde o principio os máis variados estilos do incipiente techno (na sua colección privada podemos atopar os principais álbumes de tecno-pop dos 80’, Depeche Mode, The Human League, Kraftwerk, nas suas versións orixinais) .

            Desde 1997 pasa a dirixir a programación da sala, rechamándose Hipnose e ofertando na mesma sesións dos principais dj´s do noroeste español, así como afamados dj´s nacionais (Oscar Mulero, Pepo, nas suas primeiras visitas á provincia de Lugo), e tamén dj´s internacionais. Por estas razóns, hoxe  está considerado na escea electrónica luguesa como un dos seus dj´s pioneiros.

            A partires de 1998 comenza a ser requerido como dj noutras salas, iniciando un periplo por tóda-la xeografía galega (Vigo, Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo). Tamén neste ano entra no colectivo vigués The Agency, ó cal pertencen os principais dj´s desta cidade, e co cal colabora ata o ano 2000. Este viaxe como dj levao ese mesmo ano 2000 a participar no primeiro festival de música electrónica de Lugo, AlterLucus 2000, e o seguinte ano o Festival de Música Avanzada San Froilán 2001. Tamén no 2001 conviertese no primeiro dj lucense en ir traballar  a meca do techno, Londres, no mítico club Nuclear Free Zone (cuna electrónica de Chris, Aarón y Julian Liberator).

            No ano 2002 traballa como residente no After Fresh (Viveiro-Lugo), os domingos tarde en LabSound (Lugo), e  con frecuencia mensual  en Velbet House–Club, en Lugo, colaboración que se prolonga o ano 2003. Participa ademáis na programación mensual de música electrónica na Discoteca Pasos (San Ciprián-Lugo) e o Pub Txiri (Viveiro) durante estos anos.

            Desde o ano 2004 traballa como dj residente en Hipnose (Burela-Lugo) tódos-los sábados e durante o ano 2005 como dj residente os venres na Discoteca Pasos. Ademáis pertence a  Hipnotic Collective, formado por dj´s da provincia no año 2002, co  obxetivo principal da promoción da música electrónica.

             Actualmente traballa xunto a Pablo Trobo no proxecto Cantina Band, coa intención de producir a súa propia música.


Estilos:

            Nos seus inicios  (1995-1997) os sons Acid-techno foron os predominantes no seu maletín, pero pouco a pouco foi evolucionando hacia o Hardtechno e o  Minimal techno, na procura sempre dos sons máis frescos e bailables (1997-2000).

Desde o ano 2001 os sets de Chemel Ruiz centranse fundamentalmente no House, Electro-house e Minimal, nunha líña que vai desde un son funky e melódico ata un son máis tech-house,  duro e dinámico.