
DJ. PABLO TROBO
A paixón pola música desperta neste dj dende ben novo, cando pola idade de 10 anos, comenza a cursar solfeo e teoría da música, primeiro no conservatorio de música da Coruña e despois no conservatorio de Santiago.
Este camiño levao a participar en distintos proxectos musicais como guitarrista, tocando en varios grupos e chegando a grabar maquetas nos estudios da RTVG.
A sua carreira musical da un xiro no ano 1997, cando toma contacto con platos e a música electrónica na sala Hipnose de Burela da cal pasa a ser residente no ano 1999.
No ano 2001 convírtese en residente do Pub El Txiri (Viveiro-Lugo), mentras que no ano 2002 inicia o seu camiño como promotor musical xunto a Chemel Ruiz, colaboura o que o leva á dirección e residencia do After Fresh (Viveiro-Lugo) e da Discoteca Pasos (San Cibrao-Lugo).
Paralelamente a esta actividade move tamén o seu maletín por salas de toda a xeografía galega: Disco Boe, After Velbet e Futura (Lugo), Disco La Cripta (Vigo), Disco Zeus (A Coruña)... compatindo cabina con dj´s e productores como Chris Liberator, G-Force, Cristian Varela ou Pepo.
O día de hoxe da os seus primeiros pasos na producción, compoñendo a sua propia música.
Nos platos decántase polos sons melódicos e acompasados de House e Techno-House, aderezados con matices vocais e tribais. |